9 abr 2014

Imos sementar... co CEP Santa Tegra

Onte fixemos unha desas actividades que sempre nos deixan moi bo sabor de boca.

Un grupo de maiores acudiu ata o CEP Santa Tegra para compartir co alumnado da clase de 4º unha sesión do programa Imos Sementar.

Desta ocasión, ensinamos os nenos/as a elaborar un semilleiro de leitugas, que agora teñen a misión de coidar no seu centro ata que acaden o tamaño axeitado para poder trasplantalas na nosa horta.

Foi unha xornada fantástica, na que desfrutamos transmitindo ás novas xeracións os nosos coñecementos nas labores de horticultura.

 Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí deixamos as fotos para que poidades ver o que deu de di a xornada:


1 comentario:

  1. Cep Santa Tegra4/11/2014 12:15 p. m.

    Os nenos e nenas de 4º, xunto coa profe Amparo, queremos agradecerlles a todos os que o pasado martes nos visitaron e nos ensinaron a sementar as leitugas con tanto cariño. Un biquiño para o señor Carlos, o señor José, a señora Carmiña, a señora Luisa, a señora Quina, a señora María e a señora Victoria. Moitas grazas tamén ao persoal co centro que os acompañou, Raquel, Carlos e Marta.
    Temos os sementeiros ao sol e xa os regamos dúas veces. Estamos desexando velos brotar.

    ResponderEliminar