10 oct 2012

O noso novo proxecto chámase "Imos sementar"

Chegou o outono, e tras o parón estival para "recargar pilas", xa estamos de novo argallando cousas nas que "manternos ocupados", que xa sabedes que o de estar quietos non vai con nós.

E unha destas cousas novas nas que andamos é o que vos contamos hoxe.
Xa sabedes que en xeral, todo o que ten que ver co campo e a horticultura gustános moito moito.

É por iso que xa fai un par de anos que comezamos a cultivar unha pequena horta nos terreos do noso centro, que xa coñecedes ben.
Pero queríamos dar un paso máis, polo que pensamos que era unha pena que con todos os coñecementos que temos, non aproveitáramos para transmitilos ás novas xeracións.

E así nos lanzamos na nosa nova aventura. Puxémonos en contacto có CEP Santa Tegra, colexio co que xa colaboráramos en diferentes ocasións, e aceptaron encantados a nosa proposta.

E onte, aproveitando que a lúa estaba en menguante, achegámonos o cole para facer cos nenos do cuarto curso un semilleiro de cebolas.

Foi unha experiencia moi, pero que moi grata. Desfrutamos moitísimo con este grupo de nenos/as que estiveron en todo momento moi atentos e participativos. Temos que agradecer tamén o trato exquisito que recibimos por parte do profesorado do centro. Así da gusto traballar...

Aquí tedes as fotos da experiencia:




Agora os nenos e nenas de 4º son os encargados de coidar os semilleiros, esperando que medren para poder plantar as cebolas na nosa horta.
Nós seguiremos moi de preto todo o proceso, atentos a evolución e respondendo tódalas dúbidas que poidan xurdir...


No hay comentarios:

Publicar un comentario